O polbo das rías galegas

. .

Polbo das Rías. Pesca artesanal.


Polbo das Rías é a primeira marca colectiva de polbo procedente de pesca artesanal que garante a súa orixe desde a súa pesca. Detrás de Polbo das Rías atópase un nutrido número de embarcacións de pesca artesanal dedicadas á extracción de polbo nas ricas Rías Baixas galegas, que traballaron durante os últimos anos na procura de alternativas que permitan diferenciar e garantir a calidade ao consumidor do polbo que capturan.

A Marca Colectiva Polbo das Rías garantiza,

  1. Un control da calidade do polbo desde a súa captura (control en laboratorio dos parámetros de hixiene)
  2. Orixe do polbo capturado nas ricas augas das Rías Baixas galegas.
  3. Procedencia da flota artesanal galega.
  4. Identificación individual de cada polbo: trazabilidade individual.
  5. Procedencia exclusivamente de pesca extractiva.

Polbo das Rías é ademais unha ferramenta para mellorar a explotación e xestión de polbo procedente da pesca artesanal, e con iso manter esta actividade, os pescadores, as súas familias, garantindo o relevo xeracional na pesca artesanal, un patrimonio cultural en Galicia.

Esixir a garantía de orixe e trazabilidade é consumir responsablemente. Esixir a etiqueta do teu polbo, e garantía de calidade.

O Polbo


O polbo ofrece un sen fin de preparacións culinarias. Ademais do afamado polbo á feira, este pode prepararse asado, á brasa, en vinagreta, á Mugardesa, da Illa de Ons, con ameixas, á cazola, ao perexil, ... É unha rica fonte de proteínas, baixo en hidratos de carbono e practicamente sen graxas. A súa preparación é sinxela, sendo un marisco alcanzable en prezo e agradecido no seu sabor. O polbo galego aliméntase doutros mariscos (crustáceos como a nécora, ou moluscos bivalvos como as ameixas) e peixes, o que lle confire un sabor exquisito.

Contacto:


Se desexa coñecer máis sobre a Marca Polbo das Rías pode contactar con:

Confraría de Pescadores San Martiño de Bueu
Avda. Montero Ríos s/n
36930 Bueu
info@cofradiabueu.org
www.cofradiabueu.org

Fax 986 320679
Tlf 986 320253